Os Reis Magos chegan este xoves a Oia
• Para participar na tradicional cabalgata polos barrios e parroquias
Infogauda / Oia
Os Reis Magos visitarán Oia durante toda a xornada deste xoves día 5 de xaneiro, onde participarán na tradicional cabalgata. As Súas Maxestades de Oriente percorrerán os distintos barrios e parroquias e irán facendo paradas no camiño para coñecer aos nenos e nenas do municipio e constatar o ben que se teñen portado no último ano.
A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. O percorrido e horarios serán os seguintes:
● Pola mañá:
A Portela (11.00h), Mavia/Santa Comba (11.30h), Acevedo (12.00h) e praza de Loureza (12.30h), continuando por Refoxos cara á praza de Burgueira (13.00h) e praza de Torroña (13.30h).
● Pola tarde:
Casa Cultural de Viladesuso (15.00h), Casa Cultural de Pedornes (15.30h) e baixada ao Mosteiro de Oia (16.00h). No adro da igrexa parroquial de Santa María de Oia o párroco, don Daniel Goberna, recibirá ás Súas Maxestades os Reis Magos. A continuación cantaranse unhas panxoliñas e farase a entrega do premio ao gañador do concurso de postais do párroco.
A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (16.30h), nun acto no que haberá agasallos, chocolatada e animación infantil. Desde alí o percorrido continuará ata a Casa Cultural de Mougás (19.00h), onde terá lugar a fin de festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario