31 de xan. de 2023

GOIÁN (TOMIÑO)

NOVO CICLO DE CINCO PELÍCULAS NO CINECLUB POLEIRO  

 Comezará o xoves 2 de febreiro, ás 20:30, no auditorio de Goián  con A peor persoa do mundo  





Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves, 2 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro, vai proxectar A peor persoa do mundo,  dirixida polo noruegués Joachim Trier.  

Sinopse: Julie vai cumprir os 30 anos e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte do seu talento e o seu mozo, Aksel, un novelista gráfico de éxito, maior que ela, tenta que sente a cabeza, presionándoa. Unha noite coñece a un mozo encantador e non tarda en romper con Aksel para comezar unha nova vida. 

 Premios: Mellor actriz. Festival de Cannes, 2021; Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película de fala non inglesa. 

 O xoves 2 de marzo proxectaremos Que vemos cando miramos ao ceo, dirixida por Alexandre Koberidze, de Georgia.  

 Sinopse: Unha xove parella decide citarse nun bar logo de coincidir varias veces pola rúa. Pero, coma nun conto de fadas, vítimas dunha extraña maldición, o día do encontro transmutaron a apariencia e son incapaces de recoñecerse.  

Premios: Festival de Berlín. Premio Internacional da Crítica 2021; Festival Mar de Plata. Premio especial do Xurado, 2021 

 O xoves 13 de abril chegará o filme Aftersun,  da británica Charlotte Wells.  

 Sinopse: Sophie reflexiona sobre a alegría compartida e a melancolía privada dunhas vacacións que fixo co seu pai 20 anos atrás. Os recordos reais e imaxinarios enchen os espazos entre as imaxes mentres tenta reconciliar ao pai que coñeceu co que non coñeceu   

 O xoves 4 de maio, Tori e Lokita, dos cienastas belgas Jean Pierre e Luc Dardene. Unha denuncia sobre as mafias que explotan aos inmigrantes máis vulnerables premiada en Cannes    

 O xoves 1 de xuño, a película belga Close, dirixida por Lukas Dhont, un poema sobre a amistade, o duelo e a culpa protagonizada por dous amigos de 13 anos tratada con gran sensibilidade. 

 Premio: Gran Premio do xurado no festival de Cannes 2022.   

 Bono socio para as cinco películas 12 euros. 

 O Cineclub Poleiro  conta co apoio da concellería de Cultura, do Concello de Tomiño, e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario