23 de xan. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, TOP 5 

 NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 3000 METROS PISTA CUBERTA  


Álex Siperes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, en plena carreira

Sociedade Atlética do Trega 

 O sábado día 21 de aneiro, en xornada de mañá disputouse nas pistas de Expourense, o autonómico Indoor das categorías Sub-23 e Absoluta, onde nosa única representación do club tomiñés, foi Álex Siperes Pereira, a nova promesa do medio fondo galego, que con tan só 14 anos recentemente cumpridos, obtivo, por segundo ano consecutivo, o premio de disputar esa meritoria final, ao conseguir facer a mínima establecida para poder entrar entre as quince mellores marcas de Galicia. 

 Álex Siepres fixo de novo unha maxistral marca de 8´40" 99, cunha media de 2´53"/km., acadando a 5ª praza da xeral, que  damos por sensacional ao ser o atleta máis novo da lista de saída, 

 Dámoslles as nosas felicitacións por ser un atleta da categoría Sub-16 cadete, nada menos que 4 categorías por abaixo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario