7 de xan. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ORGANIZADA POLA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS

A XXIV PALETADA LACONADA  CELEBRARASE O 21 DE XANEIRO DE 2023

 Ás 13:30 h., no restaurante do Hotel El Molino





Infogauda / Camposancos

 Coa oportuna previsión e a acostumada puntualidade, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, vén de facer pública á convocatoria da XXIV Paletada Laconada. 

 O xa tradicional evento gastronómico celebrarase o vindeiro día 21 de xaneiro de 2023, ás 13:30 horas, nos amplos salóns do hotel - restaurante El Molino, a carón da praia do Forte, de Camposancos.

 As persoas que desexen participar poderán adquirir súas correspondentes entradas na Casa de Montes de Camposancos - rúa Outeiro, 40 A -  os días:

 Xoves, 12; venres, 13 e sábado, 14 de xaneiro, en horario de 18:30 a 21:00.

 Domingo día 15, dende ás 11:00 ata ás 13:00 horas.

 Prezos:

 Para comuneiros/as e familiares directos que convivan na mesma casa: 10 euros (fillos/as ata 10 anos, gratis).

 Prezo para non comuneiros/as: 25 euros (nenos/as ata 5 anos, gratis).

Ningún comentario:

Publicar un comentario