12 de xan. de 2023

A GUARDA

FÚTBOL

Primeira Rexional - Grupo 5

O SPORTING GUARDÉS XOGARÁ FRONTE AO ATLÁNTIDA MAYAMÁ

 O domingo día 15 de xaneiro, ás 4 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo da victoria (3-1) lograda o pasado domingo día 8 de xaneiro, no Estadio Municipal A Sangriña, fronte ao San Martín - situado en 9ª posición, no ecuador da táboa clasificatoria -, que supuxo uns valiosos puntos para o Sporting Guardés; o conxunto miñoto prepárase a fondo para afrontar seu vindeiro encontro. Será novamente no seu feudo de A Guarda, o domingo día 15 deste mes, ás 4 da tarde. Nesta ocasión o equipo rival será o Atlántida Matamá, de Vigo, que con 33 puntos no seu haber, lidera provisionalmente á clasificación.

 O encontro ten todos os alicientes posibles. O Sporting Guardés necesita unha nova victoria que lle permita remontar algún posto e tentar manter á categoría. Pola súa banda o Atlántida Matamá necesita puntuar se quer continuar na súa privilexiada situación, pois o Alerta Navia, con 31 puntos está ansiando ocupar seu lugar. 

 Dese xeito, o partido preséntase moi interesante, e o Sporting Guardés vai sair a por todas para procurar brindarlle a seus seareiros unha merecida ledicia deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario