O BNG INSTA A XUNTA DE GALICIA A HABILITAR AXUDAS PARA AFRONTAR OS DANOS PROVOCADOS POLO TEMPORAL
Infogauda / A Guarda
O deputado do BNG Manuel Antonio Lourenzo Sobral acompañado polo portavoz municipal do BNG de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, vén de anunciar “a presentación dunha iniciativa no Parlamento de Galiza para que a Xunta habilite axudas para afrontar os danos provocados polo temporal.
As choivas do pasado 1 de xaneiro, causaron danos de gravidade excepcional na comarca do Baixo Miño. Neste primeiro día do ano as precipitacións acadaron os 126 litros por metro cadrado.
No caso da Guarda a intensidade das choivas provocou derrubes no monte Trega, na zona do Muiño e inundacións no Codesal, danos que supoñen un perigo para a veciñanza que transita polo polo lugar”.
A iniciativa presentada polos nacionalistas recolle tamén “os danos que se produciron nos outros concellos do Baixo Miño e insta a Xunta de Galiza a habilitar unha partida de axudas extraordinarias para afrontar os graves danos ocasionados polas choivas”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario