14 de nov. de 2022

A GUARDA

O BNG URXE A XUNTA DE GALIZA A MEDIAR  NA FOLGA DAS TRABALLADORAS DO SERVIZO DE ATENCIÓN AO FOGAR 

 Na moción presentada tamén se insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo


O portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente e a concelleira Beatriz Lomba Rodríguez, acudiron hoxe a concentración que manteñen desde o 2 de novembro as traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF)



Infogauda / A Guarda

 O portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente acompañado da concelleira Beatriz Lomba Rodríguez acudiron hoxe a concentración que manteñen desde o 2 de novembro as traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF). No encontro coas traballadoras reiteráronlle o seu apoio ao tempo que lles  informaron da moción que veñen de presentar esixindo a Xunta de Galiza que asuma as súas responsabilidades e medie na busca dunha solución para os graves problemas salariais e laborais que afectan as traballadoras.   

 Na moción presentada tamén se insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo. A actual está caducada co conseguinte prexuízo para as traballadoras.  

 Segundo os nacionalistas a deixadez da Xunta infrafinanciando unha competencia que non asume e deixándoa nas mans dos concellos está repercutindo dun xeito moi grave nas economías municipais, así como, na situación laboral das traballadoras e na calidade asistencial. 

 O portavoz nacionalista afirmou: “Coidar de quen nos coida ten que ser algo máis que un slogan publicitario, non podemos permitir que en función da capacidade orzamentaria ou da vontade do  concello a situación laboral das traballadoras mude e a prestación dun servizo tan necesario como básico sexa dunha ou outra calidade”. 

 Anxo Lois Baz rematou concluíndo: “As traballadoras do SAF están en folga para defender os seus dereitos laborais pero tamén os das persoas usuarias que son quen sofre, colateralmente, as consecuencias dun servizo sostido na precariedade laboral”.  

A GUARDA

A historia en feminino da Guarda percorrerá o día 27 de novembro as súas parroquias  

A Guarda pon en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espazo dentro dun mundo do que non eran donas. 

Aínda queda algunha praza libre para a última andaina que terá lugar o último domingo  deste mes.  


Monitor e participantes na primeira andaina, celebrada na mañá de onte, na parada feita na fonte-lavadoiro do Aloque (Camposancos)
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, comezou en outubro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

   Despois dos dous roteiros iniciais polo casco urbano, que tiveron unha excelente acollida por parte da cidadanía guardesa, agora é a quenda das andainas, que se iniciaron o pasado domingo día 13 de novembro. 

 Estas andainas, realízanse en horario de 10:30h a 13:30h (aínda quedan prazas libres para a do 27 de novembro) e saen desde a Alameda da vila. Son 8 km de percorrido e dificultade media. Nelas fálase de mulleres de Salcidos e de Camposancos, parroquias por onde pasa o percorrido, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.  

 As inscricións continúan abertas para a última andaina na recepción do Concello, chamando ao 986 610 000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es 

 Estas actividades - subvencionadas pola Deputación de Pontevedra -  son gratuítas e as prazas limitadas. 

DEPORTES

ATLETISMO

Choiva de medallas para a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), no zonal escolar de campo a través do Baixo Miño

 Obtendo 6 ouros individuais, 6 pratas individuais, 3 bronces individuais e 5 ouros por equipos. 


Adestradores, directivos e deportistas da Sociedade Atlética do Trega

Sociedade Atlética do Trega

 Este pasado día 12 de novembro de 2022 en horario de mañá, as instalacións da área recreativa da ribeira do Miño, de Caldelas de Tui, acolleron o  zonal escolar de campo a través do Baixo Miño. 

 O control e a organización do evento estivo a cargo da Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM) coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldelas de Tui, e a Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia. 

 O noso club mobilizou ata alí un gran número de mozos e futuros atletas, nutrido con atletas do club, máis as escolas deportivas que traballa a nosa sede nos concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal.

 O máis destacado da proba, foi o vendaval de medallas que logramos tanto a nivel individual como por equipos, obtendo os seguintes resultados: 

Individuais: 

Benxamín feminino: 

Adela Vasconcellos Rodríguez, prata.

Benxamín masculino:

Alan De la Fuente Maculewizc, ouro.         

Miguel Domínguez Rocha, bronce.  

Alevín feminino:       

Alba Vasconcellos Rodríguez, ouro.       

Zoe Rodríguez Martínez, prata. 

Alevín masculino:        

Sergio Silva Souto, ouro.        

Marco De la Fuente Maculewizc, prata.  

Infantil masculino:         

Iker Da Costa Vicente, ouro.         

Lucas Camelles Richards, prata.          

Álex Da Costa Vicente, bronce. 

Cadete feminino        

Paula Rocha Bautista, ouro        

Helia Alonso Romero, prata 

Cadete masculino:          

Álex Sierpes Pereira, ouro.         

Alejandro Santos Adrover, prata.         

Eric Ríos Rosario, bronce. 

Resultados por equipos: 

Benxamín feminino:    

Adela Vasconcellos, Julia Martínez, Adriana Santísima e Iris Rodríguez, ouro.

Alevín feminino:     

Alba Vasconcellos, Zoe Rodríguez, Daniela Asensio, Carmen Martínez e Yurena Santana, ouro. 

Alevín masculino:     

Sergio Silva, Marco De la Fuente, Xoel Pérez e Moncho Carreiro, ouro. 

Infantil masculino:    

Iker Da Costa, Lucas Cameselles, Álex Da Costa, Gael Piñeiro e Nicolás Santísima, ouro. 

Cadete masculino:    

Álex Sierpes, Alejandro Santos, Eric Ríos, Darío Carreiro e David Vaqueiro, ouro.

 Resaltar que se clasificaron os 10 primeiros individuais de cada categoría e os dous mellores equipos á seguinte fase provincial, onde os benxamins acaban a súa fase e a partir da  categoría alevín sairán para a autonómica, pero só desta última fase os cadetes sairán elixidos para o Campionato de España escolar.

A GUARDA

A nova biblioteca municipal máis preto de converterse nunha realidade  

Estará situada nos baixos do Centro Cultural e contará con dous espazos diferenciados para diferentes tipos de públicos e usos, a zona infantil e a zona de lectura. 

A Guarda inicia o procedemento de licitación da nova biblioteca. O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de novembro.  


Deseño da distribución de espazos que terá a nova biblioteca municipal de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de sacar a licitación pública as obras para o proxecto da nova biblioteca municipal, que estará situada nos baixos do Centro Cultural e contará con dous espazos diferenciados para diferentes tipos de públicos e usos.  

 Desde o Goberno municipal salientan: "O proxecto posibilita a recuperación do entorno social e cultural, a través do mundo da lectura. A modificación das tres salas da planta baixa do edificio do centro cultural da Guarda consegue un espazo pensado para as actividades interactivas, protagonizado pola lectura e enfocado ao ocio. Un lugar onde pequenos e maiores son libres en movemento e forma. Desfacémonos dos conceptos preestablecido e abrimos paso á imaxinación.  

 Cambiamos o silencio destes espazos por o son dos sorrisos, a conversa e en definitiva da actividade en convivencia, non é unha aula de estudo, é un espazo vivo e activo. O proxecto divídese en dúas áreas: a zona infantil cun forte carácter imaxinativo capaz de captar a atención dos máis pequenos, ofrecendo un espazo onde a lectura e o xogo son un; e un espazo de lectura deseñado para o público xuvenil e adulto, confortable e informal. Espazos para ser vividos onde os libros son a principal alternativa de ocio, pero se mesturan nun lugar para a actividade e a interacción social. 

 Falamos da nova biblioteca da Guarda, como un espazo que se mostra na oferta cultural da zona como algo máis que un servizo de consulta ou recollida de libros, falamos dun punto de encontro para a poboación, un espazo de conexión, un servicio de eles e para eles.  

 A aula de estudio existente, manterase ante a alta demanda por parte do alumnado que prepara oposicións e exames e que emprega este espazo de xeito habitual.  

 Todas as empresas que desexen participar neste proceso de licitación, poden acceder á plataforma de contratación do Estado onde está toda a información desta licitación, que conta cun orzamento de 70.781,25€ sen IVE. Data límite de presentación de ofertas 24 de novembro".   

 Asemade, desde o executivo local indican: "O proxecto da nova biblioteca municipal se suma a outros proxectos que está a executar o equipo de goberno municipal, coma a mellora da accesibilidade no edificio do Obradoiro de Emprego coa instalación dun ascensor, as diferentes actuacións de mellora realizadas na Praza de Abastos, a mellora das instalacións e dependencias da Policía Local, a mellora e centralización do arquivo municipal, entre outras". 

TOMIÑO

Tomiño recupera a memoria da música represaliada 

 O Mercado de Tomiño vai acoller un obradoiro organizado ao abeiro do programa ‘O pasado por vir’ da Deputación de Pontevedra que achegará ao público como o imaxinario imposto pola ditadura franquista define parte do presente musical. 

 Será este sábado 19 de novembro ás 12.00 horas de balde  




Infogauda / Tomiño

 Tomiño vai recuperar esta fin de semana a memoria da música represaliada. O Concello conmemorará o día de Santa Icía, patroa da música, cun obradoiro a cargo do cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego Xurxo Souto, unha xornada enmarcada no programa ‘O pasado por vir’ da Deputación de Pontevedra que busca axudar ao público a tomar conciencia de como o imaxinario que impuxo a ditadura franquista segue a funcionar e definir en parte o presente da nosa música.  

 A actividade, de balde e aberta para todos os públicos, celebrarase este sábado 19 de novembro ás 12.00 horas no mercado municipal de Tomiño.

 “Con esta actividade búscase descubrir o esplendor musical que lle roubaron á sociedade facendo un percorrido polos proxectos musicais destruídos tras o golpe de Estado de 1936 e reivindicar a dignidade das persoas artistas que sufriron a represión neses días de barbarie”, sinala a alcaldesa, Sandra González. O obradoiro acollerá diferentes testemuños orais e algunha referencia literaria coa pretensión de que esas achegas “sirvan de estímulo para que as persoas que participen na actividade conten as historias dos e das artistas da súa contorna”. 

 Licenciado en Filoloxía Clásica e líder e vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto entre 1990 e 2001, Xurxo Souto será o encargado de guiar ao público nesta viaxe por esta memoria histórica musical. Dende 1986 Souto traballou en diversos programas de radio en galego, colaborou con varias publicacións como a revista ‘Bravú’ e foi subdirector de programas da Radio Galego, onde tamén dirixía ‘Aberto por reformas’, un espazo caracterizado por emitir exclusivamente música en galego. Actualmente forma parte do grupo Os Tres Trebóns, onde se encarga da voz e do acordeón. 

VALENÇA DO MINHO

Valença Fortaleza de Chocolate    

 A Fortaleza de Chocolate está de regresso a Valença entre 1 e 6 de dezembro. 

 


Infogauda / Valença do Minho

 Durante seis dias a Fortaleza será o destino de eleição para saborear e sentir o chocolate de tantas formas. 

 Valença Fortaleza de Chocolate regressa num formato cheio de novidades, como feira / mostra dedicada à degustação e compra de produtos à base de chocolate e doçaria. 

 A feira contará com a presença de doceiros, pasteleiros, produtores de chocolate e chocolatiers portugueses e espanhóis.  

 O evento, este ano, vai desenvolver-se por seis pontos da Fortaleza, entre o Jardim das Amoreiras e Largo do Bom Jesus, na Coroada e a Praça da República, Rua da Oliveira, Largo do Governo Militar e Travessa do Hospital Militar, no Recinto Magistral, entre as 10h00 e as 20h00.  

 Para o Presidente da Câmara, José Manuel Carpinteira, a Fortaleza de Chocolate pretende-se posicionar como ”um evento dinamizador da atividade cultural e económica de Valença, numa época tão especial do ano, pegando num produto gastronómico emblemático e  que tantas memórias traz a Valença e a toda a região”.  

 Fortaleza de Chocolate insere-se na programação de Natal promovida pela Câmara Municipal que arranca, em Valença, a 1 de dezembro e prolonga-se até às festividades dos Reis. 

GONDOMAR

O poeta ourensán, Javier Rodríguez González, gañador do XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo


 Javier Rodríguez González

 IEM / Gondomar

 Reunido o xurado do XIV premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado polas escritoras Marica Campo, Oriana Méndez e Arancha Nogueira, gañadora da edición anterior; así como polo escritor e editor Marcos Calveiro, en nome da Editorial Galaxia e tamén por Miguel Anxo Mouriño, en nome do IEM, resolve por maioría que o libro gañador desta XIV edición sexa o presentado co título Xeración (Breve tratado de males inespecíficos) que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Javier Rodríguez González.

 O xurado valora que a obra constitúe a crónica dunha xeración que se trascende a si mesma, chegando a expresar un auténtico manifesto contra a cultura da cancelación na medida en que a memoria, tamén a recente, marca o momento actual e proxéctase nun diálogo cara ao futuro. O poemario contén un alto interese histórico-cultural, ao mesmo tempo que se expresa cun léxico depurado e un ritmo áxil, ofrecendo unha proposta poética do devalar da existencia.

 Por outra banda, o xurado decide nomear finalistas os poemarios presentados baixo os lemas As palabras do sur831-urbPara a misa do can esta torsión e Porque a noite é longa e é a noite, querendo destacar tamén a numerosa participación e o alto grao de calidade das obras concorrentes.

 A obra gañadora Xeración (Breve tratado de males inespecíficos) será publicada na colección Dombate da Editorial Galaxia, onde a organización lle desexa o mesmo éxito que Antese, de Arancha Nogueira, poemario gañador do ano anterior que xa vai pola segunda edición.

 O acto de entrega do premio e a presentación do libro, editado por Galaxia, terá lugar no mes de marzo de 2023, nunha data aínda por confirmar, pero que será arredor do día 13, cabodano do pasamento do poeta Victoriano Taibo. Antes diso, no primeiro trimestre de 2023, a gañador impartirá un obradoiro de poesía para o que se abrirá o prazo de inscrición nas próximas datas.

O autor

 Javier Rodríguez González naceu en Ourense en 1983 e é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Ciencias Relixiosas pola Universidade Pontificia de Salamanca. Funcionario de carreira, traballa desde hai anos como profesor de Ensino Secundario no IES Mariano Quintanilla (Segovia). No seu libro “Preludio a la ceguera” (Eurisaces, 2014) recóllese gran parte da súa produción escrita en galego e castelán. Tamén colaborou con poemas, recensións e textos ensaísticos en revistas como “Encrucillada”, “Piedra de Molino”, “El Cobaya”, “Rudesindus”, ou “Auriensia”.

 En galego ten gañado premios como o VII Certame Literario Concello de Ames (2010), o XXVI Certame de Poesía Feliciano Rolán (2012), o VI Certame Literario Terras de Chamoso (2013), o Certame a Pipa Alta Montaña Luguesa (2013), VII Certame de Poesia Manuel Leiras Pulpeiro (2019), III Premio de Poesía Eduardo Pondal (2021), e o V Premio de Poesia Eloy Lozano (2021). En castelán destaca o Premio Internacional de Poesia Miguel Hernández-Comunidad Valenciana (2021).

ARCOS DE VALDEVEZ

Revelação dos Premiados do Concurso de Fotografia 

“A Mulher Arcuense” 


A entrega dos prémios foi realizada no Encontro Intercultural, convívio com cidadãos estrangeiros residentes no concelho
Foto: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez de Valdevez felicita os premiados e os participantes, da primeira edição do concurso “A Mulher Arcuense”.  

 Este concurso foi mais uma iniciativa do Projeto Vez de Igualdade, que teve como objetivo recolher fotografias de mulheres arcuenses, demonstrando a sua força e a sua beleza.  

 A entrega dos prémios foi realizada no Encontro Intercultural, convívio com cidadãos estrangeiros residentes no concelho, este domingo, dia 13 de Novembro. 

 O júri do concurso, composto por cinco elementos, elegeu por unanimidade as seguintes fotografias:  

1º Prémio, no valor de 150 euros, à fotografia intitulada Tia Custódia dos rebuçados de Marta Daniela Dias Alves.  

2º Prémio, no valor de 100 euros, à fotografia intitulada Tu definida pela indefinição de Eduardo José Ferreira Antunes. 

Menção honrosa à fotografia intitulada Mulher Determinada de Romano de Sousa.   

 Consciente da importância da Igualdade de Género na sociedade atual, e das orientações das entidades sobre esta matéria, o Município de Arcos de Valdevez pretende dar continuidade a um conjunto atividades de promoção da Igualdade e não discriminação, dando cumprimento ao Plano Municipal para a Igualdade e Não Discriminação 2021-2024.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Exposición: Co sentido do común 

Homenaxe a Gustav Henningsen e Marisa Rey

17 de novembro de 2022 a 30 de abril de 2023. Con motivo de amosar o noso agradecemento pola doazón do fondo fotográfico dos reputados antropólogos Gustav Henningsen (Slagelse, 1934) e a súa dona, Marisa Rey (Madrid, 1936), o Museo do Pobo Galego pon en marcha esta mostra realizada con 43 fotografías orixinais. 

 



Museo do Pobo Galego / Santiago de Compostela

 A exposición “Co sentido do común. Homenaxe a Gustav Henningsen e Marisa Rey” intenta profundar nas relacións de colaboración que se establecen per se nas sociedades tradicionais.

 Deste xeito, abórdanse temas coma as axudas mutuas en traballos que precisan de moitas mans para axilizar o seu pronto remate e que se volven recíprocas entre a veciñanza. É o caso, por exemplo, dos traballos de procesado do liño ou das segas e mallas do cereal, nas que o tempo xoga un importante papel para o seu remate de maneira que os produtos non se boten a perder.

 Igualmente, os traballos de mantemento das infraestruturas propias das aldeas (como os arranxos en camiños, limpeza de fontes e lavadoiros, extinción de incendios, etc.) tamén se converten en tarefas comunitarias nas que participa toda a poboación activa do lugar, incluso establecendo taxas económicas para aquelas familias que, por unha ou outra razón, non poden participar destes traballos. Son as denominadas “peonadas”. 

 Este tipo de sistema de colaboración mutua é algo que, polas propias características das sociedades tradicionais, sobre todo no rural, está asumido desde a nenez, en que se procura que nenos e nenas participen de xogos en común, ou na mocidade a organización de comparsas de entroido. Na idade adulta hai infinidade de exemplos de esta cohesión social, como poden ser as celebracións, espontáneas ou organizadas (como as festas parroquiais) que acrecentan a participación conxunta de todas as persoas dun mesmo núcleo de poboación.

 Ata o último adeus, a morte, tamén é un fenómeno participativo, unha despedida para os membros falecidos da comunidade, pero tamén o acompañamento da familia na súa dor e o apoio para mitigar o trance.     

Horario: 

De martes a sábado: de 16:00 a 20:00. 

Domingos: de 11:00 a 14:00.

GALICIA

DÍA MUNDIAL EN RECUERDO DE LAS VÍCTIMAS DE ACCIDENTES DE TRÁFICO

Domingo, 20 de novembro de 2022



Asociación Stop Accidentes / Galicia


DELEGACIÓN DE GALICIA

A CORUÑA: Se iluminará la Fuente de 4 Caminos de color rojo

Viernes 18

  • •10h “SEMBRANDO VIDAS” en colaboración con los alumnos de 6º de primaria del CEIP Practicas se planta un árbol y se reparten semillas de la “vida”. Un minuto de silencio 
  • 12h Se planta un árbol y ofrenda floral en el memorial en recuerdo de las víctimas de la violencia vial delante de la concejalía de movilidad (Estación de autobuses). Lectura del manifiesto y minuto de silencio en presencia de las autoridades

VIGO Miércoles 16 a las 11h. (si el tiempo lo permite)

• “O BOSQUE DA VIDA”: Se plantan 79 árboles en recuerdo de las víctimas de tráfico fallecidas en las carreteras de Galicia en colaboración con la policia local y los alumnos del CEIP A Sobreira Valladares (Estrada da Escola da Sobreira, 89, 36315)

Domingo 20

  • •10h30 Marcha ciclista y marcha motera por las calles de Vigo.
  • •11h Ofrenda floral en el Monumento a las victimas de la violencia vial en el Balcón de Aragón.
  • •12h Plaza del Rey en el ayuntamiento de Vigo concentración, lectura del Manifiesto y minuto de silencio en presencia de las autoridades.

CANGAS DO MORRAZO (Pontevedra)

  • 13h30 en el Paseo da Rodeira, frente a la Casa de la Cultura en el Monumento a las victimas de la violencia vial.
  • Lectura manifiesto STOP Accidentes.
  • Ofrenda floral y minuto de silencio.