A historia en feminino da Guarda percorrerá o día 27 de novembro as súas parroquias
• A Guarda pon en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espazo dentro dun mundo do que non eran donas.
• Aínda queda algunha praza libre para a última andaina que terá lugar o último domingo deste mes.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, comezou en outubro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.
Despois dos dous roteiros iniciais polo casco urbano, que tiveron unha excelente acollida por parte da cidadanía guardesa, agora é a quenda das andainas, que se iniciaron o pasado domingo día 13 de novembro.
Estas andainas, realízanse en horario de 10:30h a 13:30h (aínda quedan prazas libres para a do 27 de novembro) e saen desde a Alameda da vila. Son 8 km de percorrido e dificultade media. Nelas fálase de mulleres de Salcidos e de Camposancos, parroquias por onde pasa o percorrido, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.
As inscricións continúan abertas para a última andaina na recepción do Concello, chamando ao 986 610 000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es
Estas actividades - subvencionadas pola Deputación de Pontevedra - son gratuítas e as prazas limitadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario