A CANDIDATURA ENCABEZADA POR ANTONIO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, ACADOU A MAIORÍA DOS VOTOS
• Nas votacións celebradas onte para renovar a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos
Infogauda / Salcidos
Na mañá de onte, domingo día 18 de decembro de 2022, a veciñanza comuneira de Salcidos, tiña unha cita coas urnas para elexir nova xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, a que concurrían duas candidaturas. Unha continuista, encabezada por Antonio Álvarez González, e outra encabeza por un comuneiro que xa fora presidente e vicepresidente en anteriores mandatos, Eloi Gómez Mariño, "e a boa fe que o acto cumpriu con creces as expectativas creadas, dada a transcendental importancia de ditas eleccions", indicou a este xornal dixital transfronteirizo, un membro da nova xunta reitora.
O horario acordado era de 10:00 a 12:00 horas, e os oitenta e oito comuneiros/as con dereito a voto, foron pasando polo local social da Comunidade, a depositar o seu voto, e dando unha lección de democracia, responsabilidade e saber estar, ata completar oitenta e dous votos, repartidos da seguinte forma:
Candidatura de Eloi Gómez Mariño: 25 votos.
Candidatura de Antonio Álvarez González: 56 votos.
Votos nulos: 1.
Dese xeito, e a tenor dos resultados do reconto, a Mesa Electoral, formada polo presidente: Antolín Lomba Santiago, como comuneiro de máis idade; e secretario: Ero Adrián Martínez Villasenín, como comuneiro de menos idade, deu por validados os votos, e proclamou vencedora pola ampla marxe mencionada a candidatura encabezada por:
Antonio Álvarez González, como presidente; Lorenzo Portela González, será o vicepresidente; Manuel Benito Lomba Portela, secretario; Xavier Vicente González, tesoreiro; Antonio Álvarez Álvarez, Ramón González González, Antonio Cividanes Rodríguez, e Anxo Ferreira Álvarez, como vogais.
Suplentes: Herminio González Álvarez, Raúl Alonso González, Walter Adrián Matondi e José Luís Álvarez González.
IMPORTANTES RETOS PARA Á NOVA XUNTA REITORA
"A aplicación do Plan de Ordenación do Monte; arranxo das pistas forestais; reparación e ampliación dos depósitos de auga contraincendios; crear unha área de lecer en terreos da comunidade; pista da Xunqueira; plantación de frondosas; seguir opóndose a pretendida confiscación da zoa da Xunqueira de Salcidos, por parte de Costas do Estado; e seguir coa reclamación, xa en fase moi avanzada, da parte do Monte Santa Trega, que por dereitos históricos pertence a Salcidos, serán entre outros os traballos a levar a cabo pola xunta reitora, da que a maioría dos compoñentes xa formaban parte da anterior xunta", indicaron desde a nova xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos.
Finalmente, desde a xunta reitora dan "as mais expresivas grazas a todas/os comuneiras/os que acudiron a votar. E decir que a participación e de auténtico récord, o que demostra o alto grao de implicación de toda familia comuneira desta comunidade".

Ningún comentario:
Publicar un comentario