5 de dec. de 2022

O ROSAL

José Carlos Martínez Crespo, candidato á alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE  

 Foi elexido por unanimidade no seo da agrupación local socialista do Rosal


José Carlos Martínez Crespo - a esq. - con David Regades Fernández, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE

Infogauda / O Rosal

 José Carlos Martínez Crespo repetirá como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Concello do Rosal, despois de que a agrupación local socialista o elixira por unanimidade en asemblea celebrada o pasado venres día 3 de decembro. No seo da agrupación celebran esta nova e depositan a súa confianza nunha persoa con ampla experiencia na administración local, con grande empatía e moi vencellada ao seu pobo.  

 Pola súa banda o recentemente elixido candidato manifestou: “Asumo este rol con moita ilusión, pero tamén coa responsabilidade de quen representa aos rosaleiros e rosaleiras que non comparten a ruta marcada polo actual equipo de goberno, na que a ideoloxía está por enriba das necesidades reais dun pobo que busca recuperar a súa esencia.”  

 Tamén destacou que “o PSdeG-PSOE do Rosal atópase forte e unido, e que afronta a cita do 28 de maio de 2023 con novos folgos grazas a determinación, forza e convencemento do candidato e das persoas que conforman a familia socialista”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario