A Xunta de Galicia publica a resolución das axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade
Son dez as entidades - entre elas a Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda - e os proxectos beneficiados que recibirán ata un máximo de 2 millóns de euros para ampliar e mellorar os seus servizos
Infogauda/ Santiago de Compostela
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas destinadas a entidades sociais para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade. Esta novidosa convocatoria está dotada de 13 millóns de euros e permitirá renovar a carteira de servizos promovido por estas entidades.
Son dez as entidades - entre ela as Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda - e os proxectos beneficiados que recibirán un máximo de 2 millóns de euros para ampliar e mellorar os seus servizos. O período de realización das actuacións será do 1 de xaneiro do ano 2022 ao 30 de novembro do ano 2025. Entre as actuacións subvencionables está a adquisición de terreos para novas edificacións, o acondicionamento de inmobles ou a adquisición de novo equipamento.
FOGARES SANXE, SOLUCIÓN RESIDENCIAL INONOVADORA
O proxecto presentado pola Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda, denominado Fogares Sanxe: solución residencial innovadora para persoas con discapacidade intelectual, acadou 68 de puntuación total.
A concesión para o exercicio de 2022, é de 55.202,85 euros; 1.421.645,59 euros para o exercicio de 2023; 320.409,01 euros para o exercicio de 2024; e 202.742,55 euros para o exercicio de 2025. En total: 2.000.000,00 de euros.
O Goberno galego aprobou este mesmo ano un plan de investimentos para axudar tamén aos Concellos a renovar e crear novos centros de atención de titularidade municipal. Este plan está dotado de 18,5 millóns de euros e permite fortalecer a rede de centros dedicados á rede de atención a maiores con novas residencias, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais. No caso desta nova orde, as axudas irán destinadas a centros de carácter social vencellados tamén a atención á discapacidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario