NO NADAL, COMERCIO LOCAL
Lema da campaña promovida polo Colexio PP. Somascos - Fundación Educere
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Co lema No Nadal, Comercio Local, o Colexio PP. Somascos - Fundación Educere, vén de poñer en marcha unha campaña de apoio ao comercio local. Os argumentos para mercar no Comercio Local, son moitos: por cercanía; porque xeran emprego; pola calidade; porque son os nosos veciños,... E de xeito especial, porque os comercios enchen a vila de vida e colaboran ao longo de todo o ano en moitas iniciativas. Son - entre outras - razóns que deberan motivarnos a facer as compras no comercio de proximidade. Se non apoiamos todos/as ao Comercio Local as vilas perderían moito.
Apoiemos sempre ao Comercio Local. Tamén no Nadal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario