5 de dec. de 2022

A GUARDA

Peche temporal do albergue municipal de peregrinos 

 Do luns 19 de decembro ata o domingo 15 de xaneiro




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe que pechará o albergue municipal de peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos.  

 Desde o Goberno municipal argumentan: Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.    

  Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída.     

 Segundo foi avanzando o mes de novembro notouse o forte descenso. Mostra disto foron os peregrinos rexistrados na Oficina de Peregrino de Santiago con 861 peregrinos chegados de todos os camiños o día 1 de novembro e con tan só 96 peregrinos no día 30.     

 Durante o mes de novembro no propio albergue municipal houbo 9 días cun só peregrino e outros 9 días sen peregrinos rexistrados de camiño a Santiago.     

 Aproveitando o peche do albergue realizaranse tarefas de mantemento das instalacións, polo que o albergue municipal de peregrinos permanecerá pechado do luns 19 de decembro ata o domingo 15 de xaneiro, abrindo novamente a partir do luns 16 de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario