Citas para a renovación do DNI
• Para o mes de xaneiro, na Guarda
Infogauda / A Guarda
Desde o Concello de A Guarda vénse de facer público que o vindeiro día 2 de xaneiro de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita da unidade móbil no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2023.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en xaneiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán na data indicada, de xeito preferentemente telefónico no 986 610 000 de 9:00 a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A unidade móbil desprazarase ata A Guarda o día 17 de xaneiro, e a recollida de documentos terá lugar o 20 de xaneiro.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:
Publicar un comentario