PARADA DO SECTOR NAVAL POLO FALECEMENTO DUN TRABALLADOR DA INDUSTRIA AUXILIAR
O sector vístese novamente de loito pola morte dun traballador da industria auxiliar e convoca parada e manifestación para este venres día 25, saíndo dos diferentes estaleiros en columnas ata a Xunta na praza da Estrela onde se exigirá maiores medidas de seguridade e retomar dunha vez, as mesas do Sector Naval, entre elas a de Prevención de Riscos que leva máis de 12 anos sen convocarse.
ITINERARIO DAS MARCHAS
O cadro de persoal dos estaleiros e o da industria auxiliar reuniranse a primase hora na entrada dos Estaleiros, para explicar o sucedido e informar do percorrido para chegar ás 11:30 h ata a Xunta na Praza da Estrela.
METALSHIPS
09:30h Concentración para saír cara á Xunta na praza da Estrela, pasando por Asteleiros San Enrique.
CARDAMA => FREIRE => ARMON => RIA DE VIGO
09:30h Concentración para saír cara á Xunta na praza da Estrela.
AUXILIARES DE BOUZAS
Incorporásense á marcha que se inicia en CARDAMA. NODOSA (Marín) Incorporásense á marcha que se inicia en CARDAMA.
Dende os Sindicatos CCOO, CIG e UGT hai moito tempo que vimos reclamando maiores medidas de seguridade para o sector, xa que as empresas e a Xunta foron baixando a garda constantemente, ata o punto de levar máis de 12 anos sen convocar as mesas do sector naval da ría de Vigo, entre elas a específica de Prevención e Saúde Laboral. É necesario volver a activar estas mesas nas que participaban todos os actores do Sector, incluída a Inspección de Traballo, para que se garanta o traballo seguro e recupérese o respecto polos traballadores/as das auxiliares, que están a sufrir todo tipo de presións e malos tratos por parte das súas empresas como das principais.
É necesario un maior control por parte de Inspección de Traballo das auxiliares piratas que han rebrotado no sector, e urxente frear o modelo de presión, precarización, e baixo custo que algúns tentaron implantar na ría, co beneplácito da Xunta e que levou o sector a un modelo de negocio ruinoso, sen futuro e onde se perde a vida traballando.
O sector volve a berrar xa abonda, é necesario un cambio de rumbo, non só nas mentalidades empresariais, senón nas políticas de sector, con modelos de negocio abocados ao fracaso e sen rumbo fixo. É o momento de reclamar políticas activas en materia de prevención, en reactivar aos axentes fiscalizadores, en sentar a todas as partes para acordar o modelo de sector e o seu futuro.
Vigo, a 24 novembro de 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario