5 de nov. de 2022

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO PSdeG-PSOE AFÉANLLE O GOBERNO NACIONALISTA QUE APROBE "A ENCOMENDA DE XESTIÓN DO SERVIZO DE VIXIANZA E INSPECCIÓN EN MATERIA DE RESIDUOS" 

• EN SOLITARIO E DE DE COSTAS A VECIÑANZA DE TOMIÑO


Violeta de Santiago Moure,  voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 Na sesión plenaria celebrada o 29 de setembro, foi aprobada coa maioría absoluta do BNG o punto na orde do día: "RATIFICACIÓN ACORDO APROBACIÓN CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TOMIÑO POLO QUE SE REGULA A ENCOMENDA DE XESTIÓN DO SERVIZO DE VIXIANZA E INSPECCIÓN EN MATERIA DE RESIDUOS"”. Así vén de lembralo a voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño, Violeta de Santiago Moure.

 Dese xeito, as concelleiras socialistas de Tomiño critican que unha vez máis, volta a ser aprobada unha cuestión que afecta directamente a comerciantes e usuarios/as particulares de costas aos mesmos, pois a día de hoxe nin o pequeno comercio nin a veciñanza son coñecedoras desta nova. Na práctica supón un servizo de vixianza e inspección, e  en caso de non cumprir á nova lexislación, seremos obxecto de sanción

 Na devandita sesión Violeta de Santiago expuxo que é inaceptable traer este convenio ao Pleno, sin ter redactada a ordenanza municipal que regule esta nova situación e que fóra traída dous meses despois da data límite para adherirse

 Asemade, De Santiago preguntou si o Concello é coñecedor da situación real da xestión do lixo polos/as comerciantes de Tomiño; se se realizou algún estudo ó respecto; si o Concello está disposto a crear un Punto Limpo dunha vez; se se vai proceder a colocación de máis contenedores amarelos. Preguntou tamén si o Concello está en disposición de favorecer a recollida de metais e de lixo electrónico; se tamén  as grandes empresas van ser vixiadas e inspeccionadas; si vai ser o Concello quen proporcione os medios para poder reciclar ou será o propio comercio quen estén obrigado a contratar empresas que xestionen os seus residuos, cando están pagando un recibo moi alto por un servizo que, en verbas do propio goberno nacionalista,  é  "un despiporre".

 A todas estas cuestións, o voceiro do Bloque, manifestou que non podía darlle resposta, porque descoñece os pormenores.  É decir, "non sabe, non contesta". 

 Polo tanto, o goberno nacionalista leva ó Pleno, e aproba en solitario, un punto na orde do día que afecta a toda a veciñanza pero non pode nin sabe respostar ás dúbidas prantexadas pola voceira socialista. E o que é peor, outra vez pola calada, sen nengunha información nen a transparencia que o pobo merece.

Ningún comentario:

Publicar un comentario