Unha película sobre a maxia do cine no cineclub Poleiro
• O xoves 3 de novembro, Last Film Show, dirixida por Pan Nalin
• As proxeccións adiántanse unha hora sobre o habitual, ás 20:30
Rita Alonso Pérez / Goián
O xoves, 3 de novembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxectará Last Film Show, un filme indio dirixido por Pan Nalin. Unha historia de cine dentro do cine que captura a emoción que provoca o cine.
Sinopse: Baseada na propria experiencia do director, conta a historia de Samay, un neno de 9 anos que vive coa familia nunha aldea remota da India. Cando descobre o cinema queda hipnotizado. Co pai en contra, busca a maneira de repetir a experiencia contra vento e marea. Volve ao cine atrapado pola maxia da luz e as historias e ponse a investigar sobre luces e soños.
O xoves 1 de decembro o filme Tres caras, do director iraniano Jafar Panahi, gañador dun León de Ouro, en Venecia, e un Oso de Ouro, na Berlinale, foi condenado en Irán a seis anos de cárcere por asistir ás protestas pola detención de dous directores de cine. Unha viaxe cara ao remoto e conservador Irán.
Sinopse: Unha actriz iraniana recibe o video dunha moza pedindo axuda para escapar da súa familia. Un camiño ás montañasonde as vellas tradicións marcan a vidapara descobrir se é unha manipulación ou unha realidade.
O xoves 12 de xaneiro pecha o ciclo Compartimento nº 6, una fita de Juho Kuosmanen. Unha historia de amor entre dúas persoas distintas.
Sinopse: Unha xove universitaria finlandesa viaxa a Moscú en tren para ir a un xacemento arqueolóxico. Terá que compartir o compartimento cun descoñecido, un mineiro ruso. Unha relación de dous seres completamente opostos.
Bono socio para as catro películas programadas: 10 euros.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario