CURSO EN LIÑA: PRODUTOS INTERPRETATIVOS PARA A CULTURA OCEÁNICA
• A inscrición é gratuita e as prazas son limitadas
Infogauda / A Coruña
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acaba de abrir a inscrición para o curso en liña 'Produtos interpretativos para a cultura oceánica', que se desenvolverá do 21 de novembro ao 12 de decembro, a través da aula virtual da entidade.
A actividade, impartida polo experto na disciplina Jorge Morales Miranda, pretende expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan da Interpretación do Patrimonio unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase no deseño de medios expositivos para a cultura oceánica.
O curso forma parte do proxecto 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA leva a cabo co apoio da Deputación da Coruña.
A inscrición é gratuita e as prazas son limitadas.
Para máis información e inscricións premer eiquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario