29 de out. de 2022

A GUARDA

O VELLO COLEXIO SAN XOSÉ, ACOLLERÁ 30 VIVENDAS INCLUSIVAS

 Onde máis de 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño, poderán vivir de forma autónoma e independente, co apoio profesional necesario


Fachada principal do inmoble que foi colexio das Carmelitas, de A Guarda
Foto: A. S. X.

Infogauda / A Guarda

 O antigo colexio San Xosé, que pertencera á congregación das Hermanas Carmelitas de la Caridad de Vedruna, e que anos despois da construcción e posta en funcionamento do novo colexio sito na rúa Currás, nº 2, da nosa localidade, sería vendido a dous coñecidos industriais (César Castro Rodríguez e Paulino S. Iglesias de Lis), ambos os dous xa finados, que ao longo de moitas décadas desempeñaron varias actividades comerciais - mediante persoal propio e con establecementos abertos ao público - na vila de A Guarda, prestando servizo en toda a comarca do Baixo Miño e mesmo noutras poboacións da provincia; vai ser rehabilitado - como oportunamente deu a coñecer a Asociación San Xerome Emiliani - para crear vivendas. Ese proxecto xurdiu a partir do momento en que as familias dos devanditos - e gratamente relembrados industriais - decidiron doar a Asociación San Xerome esa propiedade situada en pleno centro da vila guardesa.

 O antigo colexio san Xosé - que desde fai anos atópase nun estado de paulatino deterioro, que faise visible no afundimento de parte da cuberta do inmoble - ten unha superficie construída de 1.755 metros cadrados, nun terreo de 2.237 metros cadrados. 

 A Asociación San Xerome Emiliani, por medio de FOGARES SANXE ten previsto rehabilitar ese antigo colexio das Carmelitas de A Guarda para destinalo á construción dun inmoble - na modalidade de co-vivendas - que constará de 30 vivendas inclusivas, onde máis de 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño poderán vivir de forma autónoma e independente co apoio profesional necesario. 

 Aquelas empresas, entidades e institucións públicas, e particulares que desexen colaborar, poden facelo doando na seguinte conta: 

IBAN ES13-2100-4046-1422-0022-8292 

BIC/SWIFT CODE: CAIXESBBXXX 

Concepto: O nome, apelidos e DNI ou CIF do doador.

 Tamén se pode colaborar doando material para a recadación de fondos ou construción de FOGARES SANXE. Por exemplo a doazón dos CDs de Víctor Fuggetto, unha doazón en música.  

 Tamén se pode facer voluntariado para a difusión do proxecto.  

 As empresas, entidades públicas e privadas, así como particulares que desexen colaborar poden poñerse en contacto coa Asociación San Xerome Emiliani dirixíndose ao correo electrónico comunicacion@sanxerome.com ou escribindo ao número de Whatsapp 604 08 16 02. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario