CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA MEDIDAS URXENTES PARA EVITAR QUE OS ESCOLARES TEÑAN QUE ESTAR Á INTEMPERIE
• Por chover no interior da fonte, situada a carón da parada do bus de A Cruzada
Infogauda / A Guarda
Adxuntando varias fotografías - que denotan a falta de mantemento do teito (levantado fai uns cantos anos, xa en período democrático) - e dous vídeos nos que se observa con total claridade como polo motivo antes citado (falta de mantemento), a auga da choiva cóase de xeito abondoso desde a cuberta ao interior do ben público, ubicado na rúa Circunvalación, á carón do inmoble sinalado co nº 85), que consiste na fonte - en cuxo frontispicio figura unha praca de mármore branco, que a día de hoxe, e desde fai 67 anos, ainda amosa o xugo e as frechas, que configuran o símbolo dunha organización franquista - Falanxe Española de las JONS - e o seguinte texto: Obra Social del Movimiento. Año 1955 - situada a carón da parada dos autobuses escolares; Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do grupo municipal Converxencia Galega, vén de remitir a redacción deste xornal dixital transfronteirizo, copia do escrito dirixido ao alcalde de A Guarda, que o día 27 de outubro de 2022, presentou no rexistro do concello guardés, e no que para público coñecemento expresa o seguinte:
UNHA VEZ MÁIS,…E CANTAS VAN...? OS VECIÑOS/AS DE A CRUZADA ESTÁN CANSOS DE TER OS ESCOLARES A ESPERA DO AUTOBÚS EN DÍAS DE CHOIVA E FRÍO NAS PEORES CONDICIONS IMAXINABLES
Unha vez máis, temos que chamar a atención do Equipo de (DES)Goberno Municipal do PSOE, para que tome medidas urxentes no “cobertizo” donde os menores de edade esperan a chegada do transporte escolar.
Os país e nais xa non saben a que “santo” encomendarse para que se escoiten as súas queixas e se fagan os arranxos pertinentes. Están fartos de esperar solución despois haber falado cos que “mandan mais” escoitar respostas “bonitas”, pero logo …NADA.
As criaturas expostan o vento, o frio e a chuvia, tanto na rúa como así como tamén no “cobertizo” que existe na parada.
Por unha banda, correndo o risco que en calquer momento poida “voar” ou caer unha tella xa que algunhas están rotas e soltas, e polo outro lado, chove igual na rúa que baixo cuberto.
Aportamos unhas imáxenes recollidas no día de onte que falan por si mesmas, das cales son coñecedores algúns membros do Equipo de Goberno Municipal, pero dí o refrán non hai peor xordo que o quen non quer oir, nin cego que non queira ver. E logo de propina, cabréanse cando se fan públicas estas “miserias” que son a mellor demostración do abandono e deixadez ao que estamos sometidos.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos o que está acontencendo, esixindo un arranxo inmediato desta problemática, denantes que o problema se faga máis grave ou teñamos que lamentar cousas máis complicadas.´
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, preferimos facer un texto mínimo e resaltar as imaxenes para que calquer veciño/a poida sacar a súa conclusión.
A Guarda, a 27 de Octubro do 2022
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario