O Goberno municipal suma unha nova axuda, procedente dos fondos Next Generation EU, para a reforma do pavillón municipal da Sangriña
• O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) publicou a resolución provisional da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (PIREP local), incluído no Plan de Recuperación, sendo o proxecto de A Guarda un dos subvencionados.
Infogauda / A Guarda
“Conscientes das deficiencias que tiña o pavillón da Sangriña, unha construción anticuada e ineficiente, que non estaba adaptada ás necesidades das competicións que albergaba, o equipo de goberno municipal fixo unha aposta firme pola modernización e ampliación deste equipamento deportivo municipal”. Esa é a decraración pública que vén de efectuar o executivo local de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, logo de coñecer que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) publicou a resolución provisional (a actuación denominada PROYECTO DE EJECUCIÓN DE REFORMA Y AMPLIACIÓN DEL PABELLÓN POLIDEPORTIVO DE A SANGRIÑA, promovida polo Concello de A Guarda, está no posto 92 da listaxe provisional de entidades beneficiarias) da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (PIREP local), incluído no Plan de Recuperación, sendo o proxecto de A Guarda un dos subvencionados.
En relación as obras que están realizándose actualmente no pavillón municipal de A Guarda, desde o goberno local lembran: “O concello encargou en 2017, a redacción dun proxecto, coa colaboración da Deputación de Pontevedra para o que logrou financiamento no ano 2021. As achegas económicas viñeron a través do plan REACPON da Deputación, de fondos propios municipais e máis tarde da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia.
Coa idea de conseguir máis fondos para financiamento da obra, no mes de abril, o concello presentou o proxecto á convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (PIREP local), incluído no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR)”.
De acordo coas decraración efectuadas polo executivo do Concello de A Guarda, “os aspectos que argumentou o goberno municipal para acceder a esta subvención teñen que ver coa calidade do proxecto e a súa eficiencia, destacando: un aforro de máis dun 35% en enerxía, grazas a mellora de illamentos; iluminación LED e instalacións renovables para a ACS [Auga quente sanitaria]. Facendo accesible a instalación, tanto nas gradas, como aseos e vestiarios. Mellorando a súa habitabilidade con un sistema de renovación de aire. Incrementando a seguridade en todo o equipamento e mellorando o aspecto do edificio.
A contía da subvención concedida ascende a 385.754,11 €, que foi a cantidade solicitada para cubrir todos aqueles conceptos subvencionables do proxecto. Esta subvención ven a recoñecer a calidade da proposta dende o punto de vista da eficiencia enerxética, da accesibilidade e a habitabilidade, valorando tamén a conservación do edificio”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario