26 de out. de 2022

O ROSAL

Concerto de outono para celebrar o aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal   

Actuarán no auditorio municipal este domingo 30 de outubro ás 17:30 horas. Entrada de balde

  


Infogauda / O Rosal

 Fin de semana musical no Rosal. A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebrará este domingo o seu 18 aniversario cun Concerto de Outono no auditorio municipal ao que convidan a asistir a toda a veciñanza.  

 Unha actuación ás 17:30 horas, á que se poderá acceder de forma gratuíta e libre ata completar aforo, na que o público poderá desfrutar dunhas voces únicas. Neste concerto de aniversario, a Coral da Agrupación Musical do Rosal estará acompañada pola Coral Airiños de Nós, de Oleiros e pola Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira.  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras “a gozar dunha tarde de lecer para toda a familia escoitando música de calidade e de balde ao abeiro dun programa cultural preparado para estes meses de outubro e novembro con todo o agarimo e no que se inclúen actividades para todos os públicos e para todos os gustos”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario