CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN A INCORPORACIÓN DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (G.E.S.) AO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro portavoz do grupo municipal de Converxencia Galega no concello de A Guarda): "E necesario recoñecer que ao traballo dos G.E.S. é de primeira necesidade e inimaxinable a súa desaparición en todo o Baixo Miño (...)"
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, luns 17 de outubro de 2022, ás 15:33 horas, e con número de rexistro 2022-E-RE-3492; o grupo municipal de Converxencia Galega, representado polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, vén de presentar na Oficina Auxiliar do Rexistro Electrónico do Concello de A Guarda, para seu debate na vindeira sesión plenaria ordinaria do concello guardés, á seguinte proposta:
INCORPORACIÓN DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (G.E.S.) CON SEDE EN A GUARDA O CONSORCIO CONTRA INCENDIOS PROVINCIAL
Dende o inicio da súa andaina, o G.E.S. manifestou unha serie de carencias que os concellos beneficiarios do servizo non quixeron afrontar e repercutiu de xeito constante, tanto no eido de dotación de materiais, ferramentas, equipacións e persoal que de xeito permanente dera cobertura permanente a ditos operativos así como as reclamacións salariais do personal adscrito o mesmo.
Este problema non é novo a nivel local, nin tampouco a o que acontece noutras localidades galegas donde está a ubicada a base dos mesmos, situación que provoca nos traballadores a incertidume da continuidade do mesmo, quedando a veces o capricho do grupo de goberno dese momento en mantelos ou prescindir de persoal especializado en intervencións de risco, que moitas veces os convirte en “distribuidores de vallas” nos días de festa e mercadillo, deixando de lado a súa actuación máis necesaria para a seguridade cidadán.
Este problema se está arranxando en moitos pobos, traspasando a xestión e dirección deste servizo de primeira necesidade o Consorcio contra Incendios Provincial.
E necesario recoñecer que ao traballo dos G.E.S. é de primeira necesidade e inimaxinable a súa desaparición en todo o Baixo Miño, dado que non só significaría a desaparición dún grupo de traballo profesional no eido das emerxencias, senón a perda duns postos laborais que non nos podemos permitir.
Por iso, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte MOCIÓN:
O Concello de A Guarda, dará inicio de xeito inmediato, as xestións pertinentes para que o G.E.S. con sede na nosa localidade e con campo de acción nos Concellos do Baixo Miño, sexa incorporado o Consorcio contra Incendios Provincial.
Así mesmo, dará traslado do acordo plenario os demais concellos donde abarca o G.E.S. a súa actividade para que leven dita MOCIÓN a Pleno, o igual que a Mancomunidade de Municipios do Baixo Miño e respalden dita incorporación o Consorcio contra Incendios Provincial.
A Guarda, a 17.10.2022
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario