29 de set. de 2022

O ROSAL

O 21 de febreiro (martes de Entroido) e o 29 de setembro (San Miguel), festivos locais no Rosal en 2023 

As datas aprobaranse en pleno este xoves 29 de setembro ás 20.30 h


Infogauda / O Rosal

 O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023 serán días festivos no Rosal. Esta é a proposta que aprobará o pleno municipal na sesión celebrada este xoves ás 20.30 horas na Casa Consistorial na que, entre outros asuntos, abordarase os dous días de festa que o Concello ten dereito a marcar cada ano.

 Deste xeito, o martes de Entroido, que o vindeiro ano coincide co 21 de febreiro, volverá a marcarse en vermello no calendario local como ven sendo tradicional para os rosaleiros e rosaleiras. Por outra banda, o Goberno municipal tamén declarará festivo o venres 29 de setembro de 2023, coincidindo coa festividade de San Miguel, para recoñecer así tamén unha data especial para esta parroquia que levaba moitos anos sen ser festividade local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario