A 15k do Atlántico terá lugar o 23 de outubro
• Imprevistos alleos á organización motivaron un aprazamento de data.
• As inscricións para a carreira e para a andaina continúan abertas.
Infogauda / Deportes
A terceira e última proba pertencente ás Series 15K terá lugar o domingo domingo 23 de outubro e terá lugar entre os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.
Ás 11:00 horas soará o sinal de saída no campo de fútbol de Oia e a meta será no porto de A Guarda, punto especial onde se entregarán os diferentes premios unha vez rematada a proba.
Todos os participantes terán por diante 15 quilómetros pola costa galega, que de xeito paralelo a proba deportiva amosarán unhas paisaxes únicas.
Ademais, previamente á proba realizarase unha andaina a partir das 10:00 horas, onde cada un dos participantes terá a oportunidade de gozar desta ruta dun xeito algo máis relaxado.
Da man do proxecto Aproxima do Banco Mediolanum, esta IX edición da proba saca a relucir o seu lado máis solidario doando 1€ de cada inscrición á Asociación Down Vigo en apoio á súa loita por lograr a plena integración das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual. Ademais, habilitouse unha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran facer a súa achega.
Toda a información sobre a proba pódese atopar na súa web oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario