21 de set. de 2022

A GUARDA

O concello abre as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe  

As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos




Infogauda / A Guarda

 O concello de A Guarda abrirá este xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.  

 As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, e realizaranse no pavillón do colexio Manuel Rodríguez Sinde todos os venres en horario de tarde: de 5 a 8 anos, de 18:30 a 19:30 h; e de 9 a 14 anos, de 19:30 a 20:30 h.  

 O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda por teléfono no 986 610 000 extensión 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es e as prazas son limitadas.  

 As inscricións estarán abertas ata completar o cupo dos grupos por idades ou ata o día 5 de outubro.  

 A concellería de Deportes do concello de A Guarda segue apostando pola continuidade das actividades deportivas na vila ofertando un ano máis as escolas deportivas na modalidade de patinaxe, unha actividade gratuíta para os usuarios en idade escolar de todo o municipio grazas á achega da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario