26 de set. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda presentará o Plan Rehabita á súa veciñanza 

Este martes día 27 de setembro, ás 20:30h, na Casa dos Alonso  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda leva meses traballando na posta en marcha dun programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda para alugueiro na vila, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios. Algo que, en liña co PACES (Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible), ao que está adherido o Concello de A Guarda, influirá tamén na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera.  

 É por iso que se puxo en marcha o “Plan Rehabita”, un programa integral de asesoramento para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas que se atopan na Guarda, co fin de devolver ao mercado moitos inmobles que se atopan parados ou desactualizados na actualidade e promover así o seu alugueiro, reforma, venda, actualización, etc.  

 Despois de meses de traballo, nos que se realizaron diversas mesas de traballo con empresarios/as de diversos sectores profesionais para explicar o funcionamento do Plan Rehabita, desta volta é a quenda de presentar esta iniciativa á veciñanza guardesa.  

 A presentación do Plan Rehabita será este mércores día 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso, onde toda aquela persoa que desexe ampliar información sobre esta iniciativa poderá recibir orientación e despexar todas as súas dúbidas para poder optar a todas as axudas existentes que permitirán rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario