Fin de semana das festas das Mercedes
XXXIV FESTA DA ZORZA
Este venres, día 23 de setembro, dende ás 18:00 horas, na praza dos Seixiños (A Gándara)
Ricardo Rodríguez Vicente / A Gándara
Despois de realizar un amplo programa de actividades (culturais, deportivas, lúdicas,...), organizadas e coordinadas pola Asociación de Veciños O Percamino - Comisión de Festas das Mercedes, nesta fin de semana terán lugar tres datas fortes destes tradicionais festexos. A máis inmediata será este venres día 23 de setembro, no que se celebrará á XXXIV edición da Festa da Zorza. O saboroso manxar, preparado pola veciñanza de A Gándara - en exemplar labor colaborativo - con carne de porco, picada e adobada con allo, pemento e sal. Logo de deixala repousar uns días en alguidares de barro, nun lugar fresco, será frita en grandes tixolas, e servida con pan e viño, dende ás 18:00 horas ata á medianoite.
Ao remate da zorzada, que será amenizada polo grupo de gaitas A Boalleira, haberá unha queimada que será oficiada por Victoriano Rodríguez González.
O SÁBADO, LA FÓRMULA EN CONCERTO
As festas das Mercedes, continuarán o sábado día 24 de setembro, desde ás 22:00 horas, coa verbena que amenizará un grupo musical e seguidamente, e nun único pase, actuará a orquestra La Fórmula, con 16 artistas - entre bailaríns, músicos e vocalistas -, no escenario, un potente equipamento de iluminación e son, efectos especiais e unha singular posta en escea.
Ao remate, festa cos DJ´s Cristyan Pereira e Adrián Mesu, ata altas horas da madrugada.
O DOMINGO, XISTRA DE CORUXO
E para poñer broche de ouro as festas na honra da virxe das Mercedes, o domingo día 25 de setembro, pasacalles a cargo do Trebón dos Xidos.
As 17:00 horas, xogos populares na praza dos Seixiños.
A partir das 19:00 horas, actuación do grupo de danza Dansá, do C.D. Baixo Miño, de A Guarda, e finalmente o grupo folk Xistra, de Coruxo.
ACTOS RELIXIOSOS
O sábado día 24, festividade de Nosa Sra. das Mercedes, ás 18:30 horas, rosario e a continuación misa no santuario.
O domingo día 25, ás 12:30 horas, misa solemne, con sermón, cantada polo Coro Cantabile. Ao remate da celebración eucarística, procesión acompañada polo grupo de gaitas a Boalleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario