FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL GRUPO 5
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO CASELAS, F. C.
O domingo día 25 de setembro, ás 6 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo de dúas xornadas (11.09.2022: Atl. Matamá 2- Sporting Guardés 1; e 18.09.2022: Sporting Guardés 1 - S.D. A Lama 2), sen coñecer o triunfo; o equipo de A Guarda recibirá no Estadio Municipal A Sangriña ao Caselas, C.F.. Será este domingo día 25 de setembro, ás 6 da tarde.
Dada á rivalidade comarcal e a - polo de agora - semellanza en datos numéricos de ambos os dous equipos, o encontro promete estar interesante, toda vez que con toda probabilidade virán ata a vila guardesa varios seareiros do conxunto visitante. Iso, entre outros motivos, debera ser un aliciente para que os afeccionados de A Guarda e súa contorna acudan tamén ata A Sangriña para apoiar ao Sporting Guardés e darlle azos para tentar que os puntos en litixio queden no seu feudo. E de ser así, como verdadeiramente desexamos, contribuir a que o equipo local colla entusiasmo e boas sensacións, ingredientes necesarios para que os xogadores poidan dar, deportivamente falando, o mellor de cada ún deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario