Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 6 de setembro
Como vén sendo habitual, estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10 a 14 e de 16 a 21 horas
Infogauda / Tomiño
Tomiño acollerá a vindeira semana unha nova xornada de doazón de
sangue. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue
visitará o concello o próximo martes 6 de setembro para que todas as persoas
que o desexen poidan achegar a súa pinga de solidariedade. Como ven sendo
habitual, a unidade estará na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Para
maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900
100 828.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS)
é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o
centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de
subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e
mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura
de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos
enfermos que as precisen.
No desenvolvemento do noso traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños. É importante lembrar que poden doar sangue todas as persoas maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario