30 de ago. de 2022

PONTEAREAS

A Xunta de Galicia pon en funcionamento este venres novos servizos de autobús a demanda na Fozara e na Lomba, no concello de Ponteareas  

As melloras inclúen novas paradas na parroquia de San Bartolomeu de Fozara para atender as necesidades de desprazamento da veciñanza de Ponteareas


Marquesiña para as persoas usuarias do servizo de autobús
Foto: X.G.


Infogauda / Ponteareas

 A Xunta de Galicia activará este venres, día 2 de setembro, novos servizos de autobús a demanda en Fozara e A Lomba, na parroquia de San Bartolomeu de Fozara, no concello de Ponteareas. 

 Máis en concreto, a ampliación dos servizo da autobús da Xunta realizase mediante unha nova configuración da actual ruta Paredes-Ponteareas, engadíndose ao inicio da liña novas paradas na Lomba e Fozara. A nova liña de autobús pasará a converterse na ruta A Lomba-Ponteareas estación de autobuses. 

 A prestación deste novo servizo a demanda dos autobuses da Xunta require a reserva previa de praza por parte dos usuarios. A nova ruta terá saída da Lomba ás 9:11 horas de luns a venres, e os sábados ás 8:56 horas, excepto os días festivos. 

 A Xunta dá así resposta ás necesidades de desprazamento dos veciños destes núcleos, mediante unha nova configuración e ampliación da oferta estendendo a cobertura dos servizos de transporte interurbano por estrada neste municipio pontevedrés. 

 Toda a información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal

 O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando para optimizar os servizos de transporte público e ofrecerlles aos cidadáns unha resposta axeitada ás súas necesidades reais en materia de mobilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario