28 de xul. de 2022

TOMIÑO

 Xoán Curiel pechará o ciclo Música e Románico en Tomiño

Este venres, ás 20:30 horas, na igrexa románica de Santa María de Tebra. Entrada de balde




Infogauda / Tomiño

 Con "Treides comigo!", Xoán Curiel ofrecerá mañá venres ás 20:30 horas, un concerto na igrexa románica de Santa María de Tebra, que pechará o ciclo Música e Románico, incluído na axenda cultural de verán organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño. 

 A proposta deste venres é un espectáculo de pop medieval cunha moi boa acollida de prensa e público, que non deixará indiferente a ninguén. Unha fusión do antigo e do contemporáneo, unha forma orixinal, didáctica e diferente de presentar as cantigas da lírica medieval galego portuguesa, relacionadas co Camiño de Santiago. 

  Para todos os públicos. Entrada de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario