O Concello lanza unha campaña para que os comercios utilicen papel de agasallo en galego
O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras
Infogauda / Tomiño
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño vén de lanzar unha campaña para que os comercios da vila utilicen un papel de agasallo con palabras en galego.
Con esta
finalidade, o servizo procedeu á entrega de resmas de papel ás casas comerciais
que venden produtos susceptibles de
agasallar.
O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras.
“A campaña o que pretende, evidentemente, é fomentar o uso do galego. Anteriormente
fixemos outra con pegatinas e este
ano cambiámola polas resmas de papel”, explica Ani Fernández Carrera,
concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario