O folk de Na Revolta chegará este xoves 21 ao torreiro de Marzán
O Concello continúa coa programación de verán, que leva a música e actividades aos barrios
Infogauda / O Rosal
A
música chega este xoves ao torreiro de Marzán. O Concello continúa coa ampla
programación de verán, coa que se achegará a música, as actividades e a cultura
aos diferentes barrios e que este 21 de xullo aterra en Marzán para ofrecer ao
público un concerto do grupo guardés de folk Na Revolta. “Apostamos por
revitalizar os diferentes espazos que temos no municipio ao tempo que damos voz
a grupos do Rosal e da comarca. Todo sempre da man das entidades e asociacións
rosaleiras, o que nos permite ofrecer a veciñanza e visitantes unha axenda
cultural diversa e de calidade”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Con
dous traballos discográficos nas súas costas, Na Revolta leva máis de dúas
décadas sobre os escenarios. Formado por antigos integrantes do grupo de baile
e gaitas Semente Nova e de Trullada, ambos levados a cabo e dirixidos por María
Asunción Trigo Alonso, o grupo guardés caracterízase pola unión da amizade e da música.
Nestes anos levan ensaiando, creando e tocando música tradicional e folk por
toda Galicia, chegando a compartir escenario con Berrogüetto, no Festival As
Penizas Folk.
O
concerto en Marzán será ás 21.00 horas con entrada libre e de balde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario