A Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo Miño
• Que terá lugar o sábado 30 de xullo na praza de Avelino Vicente
• As inscricións, de balde, continúan abertas ata o día 28 de xullo
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Dese xeito, apoia a II Mostra Creativa do Baixo Miño que este ano contará este ano con preto dunha vintena de postos participantes. As inscricións, que son de balde, continúan abertas ata o vindeiro día 28 de xullo.
A programación deste ano inclúe actividades de todo tipo que terán lugar na Praza de Avelino Vicente en horario de 10:30 a 15:30h e de 18:30 a 22:30.
PROGRAMA
10:30h – Apertura da Mostra Creativa
11:00h – Obradoiro infantil sobre o peixe espada (Asociación Piueiro)
12:00h – Concerto Terapia de Grupo (Pop-Rock do Baixo Miño)
13:30h – Pasacalles dende a Praza Avelino Vicente ata o Porto da Guarda
19:00h – Contos Contados para público infantil (Ma Nunú)
20:30h – Concerto Cazacús (Punk-Rock A Guarda)
21:30h – Pasacalles dende a praza Avelino Vicente ata o porto de A Guarda
22:30h – Peche da Mostra Creativa
Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen,…
Este ano a Mostra creativa únese á Festa do Peixe Espada organizada por OR.PA.GU. (29-31 de xullo), compartindo parte da programación, como son os pasacalles ou a actividade do obradoiro infantil sobre o peixe espada.
Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira edición no 2021, é acadar que a mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde facer visíbel o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto dende a organización e o Concello de A Guarda convidan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico info@acontravento.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario