Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xullo
Aberta a inscrición para participar no torneo organizado polo Clube Xadrez Albatros en colaboración co Concello
Infogauda / O Rosal
O
Concello colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización o vindeiro
domingo 24 de do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita
indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte. “É unha grande
oportunidade para achegar esta disciplina non só ás persoas que xa son
afeccionadas, senón tamén a todas aquelas que sintan curiosidade e queiran aproximarse
a este deporte de estratexia e concentración”, explica a alcaldesa, Ánxela
Fernández Callís.
O
torneo dividirase nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantís e
adultos. Todas elas disputaranse con sistema suízo a través de programa
informático e partidas semirápidas. A comprobación de listas será ás 15.45
horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas. O número de roldas e
duración das partidas estarán condicionadas ao número de xogadoras e xogadores
que participen, cun máximo de 100 participantes: con menos de 70 persoas
inscritas haberá 6 roldas de 15 minutos, mentres que se son máis de 70 serán 7
roldas de 10 minutos.
As
persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través da páxina
web do Club Xadrez Albatros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario