11 de xul. de 2022

A GUARDA

O concello de A Guarda saca a licitación o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos  

Por un importe de 39.703,96 euros (IVE incluído)




Infogauda / A Guarda

 O Goberno municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público este luns día 11 de xullo de 2022 que o Concello de A Guarda saca a licitación pública o contrato para o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos, por un importe de 39.703,96 euros (IVE incluído).  

 A data límite de presentación de ofertas é o 21 de xullo de 2022.  

 Toda a información desas licitación está no Perfil do Contratante da Sede Electrónica do Concello de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario