25 de xul. de 2022

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS MEDALLAS E TERCEIRO POSTO POR EQUIPOS PARA OS TEIXUGOS NA 4ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


Adestrador e deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos que viaxaron ata Monforte de Lemos

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Este domingo nas augas do río Cabe, no concello de Monforte de Lemos, celebrouse a 4ª Copa Galega de Promoción de Slálom. Os deportistas galegos máis novos da modalidade, entre 6 e 14 anos, acudiron ao evento. Na proba os pequenos piragüistas percorren o circuíto dúas veces, contando o mellor dos dous tempos para a clasificación final.  


Deportistas que representaron ao Club Deportivo Miño-Teixugos na 4ª Copa Galega de Promoción de Slálom

 Nove pequenos deportistas acudiron representando ao Club Deportivo Miño-Teixugos.  

 Rita Oliveira, en K1 muller benxamín, resultou cuarta. En K1 muller alevín, Nerea Álvarez foi cuarta e Leila Álvarez quinta. Roque Oliveira, en K1 home pre-benxamín rematou segundo, conseguindo a medalla de prata. Tiago Rey, en K1 home benxamín, obtivo a medalla de bronce, na mesma categoría, Martín Vicente, foi cuarto. En K1 home alevín, Alejandro Barreiro foi quinto e Leo Álvarez sexto. Pedro Lomba, en K1 infantil, rematou en sexta posición.  


Un dos padexeiros  do Club Deportivo Miño-Teixugos nun momento da competición

Podio da claisificación final por equipos, na que o Club Deportivo Miño-Teixugos logrou o 3º posto

 

 Na clasificación final por equipos, o club Deportivo Miño rematou terceiro, subindo ao podio xunto co Tea, de Mondariz e o Quixós, de Monforte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario