27 de xul. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda informa da apertura do segundo prazo para DEPOTermal 2022  




Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, leva a cabo o plan de termalismo social “Depotermal”, que ten como finalidade facilitarlles ás veciñas e veciños da provincia de Pontevedra o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros (coma balnearios, talasos ou spa).  

 Trátase, polo tanto, dun plan cun claro obxectivo social, xa que lles facilita o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como período de vacacións e como tratamento sanitario, que ademais contribúe á sostibilidade económica da provincia. Despois da primeira convocatoria, na que quedaron prazas sen cubrir, vénse de anunciar unha segunda convocatoria co fin de ofertar as prazas dispoñibles.  

 “Depotermal” é un programa destinado a persoas nadas antes do ano 1972, pensionistas, etc. No que poder gozar duns días en balnearios ou hoteis con spa da provincia. 

 Este novo prazo de solicitudes remata o vindeiro día 2 de agosto e todas as persoas interesadas en participar poden acudir a Servizos Sociais do Concello de A Guarda, no primeiro andar do edificio do concello vello na Praza do Reló ou informarse chamando ao 986 614 507 ou enviando un correo electrónico a sociais@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario