150 xoves da Ruta Quetzal visitaron o Monte Santa Trega
• Provenientes de diversos puntos de España, realizaron unha visita polos diferentes puntos de interese, para coñecer máis sobre a súa historia e patrimonio
Infogauda / A Guarda
A Ruta Quetzal, con ao redor de 150 xoves de 15 e 16 anos, provenientes de diversos puntos da xeografía española, visitaron este mércores día 20 de xullo, os lugares máis emblemáticos do Monte Santa Trega, un referente a nivel nacional e internacional, de gran riqueza arqueolóxica, cultural, paisaxística e patrimonial, do municipio de A Guarda.
Os xoves subiron ao Monte Santa Trega para coñecer a súa historia arqueolóxica a través dunha visita por varios sectores do vasto poboado castrexo, con máis de dous mil cen anos de antigüidade, que caracterizan a historia dese singular enclave.
A Ruta Quetzal é un programa de estudo e aventura creado en 1979 por suxerencia de Juan Carlos I, Rei de España naquela altura, e o periodista Miguel de la Quadra-Salcedo, co obxectivo de consolidar entre a xuventude os alicerces da Comunidade Iberoamericana de Nacións entre todos os países de fala hispana, incluídos Brasil e Portugal.
A expedición que levarán a cabo este ano os xoves da Ruta Quetzal conmemora o Ano Santo Xacobeo 2022 a través da denominada Expedición Translatio. Con ela, os 150 xoves revivirán durante dez días a historia do Apóstolo Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario