O concerto de Treixadura coa Banda do Rosal porá o broche de ouro ás Festas do Verán do Pilar
As festas volven este 24 e 25 de xullo con actividades para todos os públicos no colexio da Mata
Infogauda / O Rosal
O
Rosal celebra un ano máis as tradicionais Festas do Verán do Pilar cunha programación cultural con actividades e
entretemento para todos os públicos. O 24 e 25 de xullo o colexio da Mata
converterase no escenario perfecto para acoller deporte, xogos, música e moito
lecer en familia.
Así
as festas comezarán o domingo ás 18.00 horas co III Torneo de Xadrez do
Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados
deste deporte e que reunirá a xogadoras e xogadores dende a categoría prebenxamín
ata a de adultos. Á mesma hora tamén haberá xogos populares abertos a todos os
públicos. A xornada rematará coa cuarta edición do Festival Xente Xida a partir
das 21.30 horas, unha festa para todas as idades organizada en colaboración coa
Asociación Cultural Xida na que se poderá desfrutar da música con raíces e da
gastronomía.
O
luns 25 a festa comezará ás 19.00 h con ‘A familia unida’, un espectáculo de
monicreques de Títeres Mircromina ao estilo clásico de luva libre e
desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra. Nenos, nenas e maiores poderán
gozar así da historia de André, o presentador do espectáculo, que oferta unha
colocación de por vida coas mellores condicións condicións de traballo
posibles. Ao seu carón estará Cromina, que despois de ser pais, enfronta a súa
natureza festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias.
Xa
ás 20.00 horas os protagonistas será o Encontro dos Pobos, o festival
folclórico internacional máis veterano da comarca no que o público poderá
desfrutar do intercambio cultural cos grupos locais Do Lusco ó Fusco (A Guarda)
e Seixos Albos (Tui) e co eslovaco Drevar.
O
broche de ouro ás Festas de Verán do Pilar virá da man do concerto do grupo
Treixadura ás 22.00 horas, que estará acompañado no escenario pola Banda da
Agrupación Musical do Rosal. Un espectáculo musical sorprendente no que o
público poderá desfrutar da música tradicional dende dúas concepcións ben
arraigadas, o canto e a gaita, e cunha personalidade moi característica na que
enlaza a raíz musical da nosa cultura cun xeito de entender hoxe a música
tradicional.
A
alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quere agradecer “a gran colaboración que
existe entre Concello e todas as asociacións e entidades que participan na
organización de todos estes eventos e espectáculos, que nos permiten traballar
man a man para poder desfrutar un ano máis das nosas tradicionais Festas do
Verán do Pilar”. A rexedora convida a toda a veciñanza a participar nestes dous
días de festa cunha intensa programación para todos os gustos e todas as
idades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario