CAOS NA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO
Urxencias saturadas a espera de camas para ingresar pacientes, cirurxías suspendidas, ingresos COVID en aumento,... e a Xerencia da Área Sanitaria continúa co plan de peche de camas e reducir a contratación.
Unha Atención Primaria desbordada pola falta de profesionais e a falta de reforzos de verán poñen o colofón á “tormenta perfecta”
Dende CIG SAÚDE vai tempo que denuncian que en todos os centros se repite o mesmo patrón: “a usencias dos profesionais sanitarios que non se cobren. Áreas administrativas desbordadas de traballo. No verán a poboación de algúns concellos duplícase coa conseguinte subida de carga asistencial nos Centros. A non substitución dos profesionais cando co llen baixas e permisos provoca sobrecarga de traballo nos centros de saúde co detrimento da calidade asistencial que iso provoca.”
Ante isto, a mesma resposta da Dirección: “non hai profesionais que contratar”.
Dende CIG SAÚDE vimos insistindo que, mentres non muden as condicións de traballo e se manteña a actual política de contratación, “seguirá sen haber profesionais que estean na súa casa agardando a que o SERGAS decida cubrir unha necesidade no último momento, a xente precisa estabilidade no eco nómico pero tamén na organización da súa vida.”
No hospital a situación repítese.
Só nesta semana houbo días de ata 35 pacientes agardando por cama para ingresar, con entradas de urxencias diarias que a propia Xerencia admite que nalgún caso superan as 500.
Nos quirófanos redúcense as intervencións e incluso chegan a suspenderse por non ter camas dispoñibles, mentres as profesionais dobran quendas ou aceptan “medidas extraordinarias” que farían posible que a actividade cirúrxica continuase.
Ante isto, o SERGAS non da marcha atrás co plan de peche de camas anunciado para o verán.
Incluso este pode ser maior xa que hai que sumar a pretensión de pechar as camas habilitadas nalgunha vela do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Este peche supón menor contratación, ou “optimizala” segundo o SERGAS. Na realidade obriga a improvisar, a abrir camas sobre a marcha, a contratar por días soltos a última hora, e claro, nese momento non hai ninguén agardando en casa por unha chamada do SERGAS para un dia solto a deshora.
CIG SAÚDE hai tempo que o ven dicindo: a calidade do servizo público está en risco e ao persoal est áselle rematando a paciencia.
Vigo, 30 de xuño de 2022
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario