8 de xuño de 2022

TOMIÑO

As socialistas de Tomiño alarmadas ante a nova de explotación sexual no noso Concello


Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / Tomiño

 As socialistas de Tomiño afean ó Goberno Municipal terse enterado pola prensa dun caso de explotación sexual no noso Concello. Unha vez máis a Xunta de Portavoces segue sin convocarse, nin unha soa vez no que vai de mandato, e nin siquera ante un caso de extrema gravidade coma este, onde un clube de alterne con sede en Tomiño vén de ser clausurado polo Xulgado n° 5 de Vigo, logo de ter actuado Extranxería. 

 A voceira socialista, Violeta de Santiago, afirma que “cónstanos denuncia cursada na apertura de dito clube por carecer de licenza para ese tipo de “actividade”, e a día de hoxe descoñecemos si está resolta favorablemente ou non, pero calificamos de inconcebible mirar para outro lado en casos así, pois a trata de seres humanos co fin de explotación sexual é un delito moi grave e é a obriga de tod@s, especialmente das Administracións, loitar contra el e axudar ás vítimas, mulleres tratadas como mercancía, vulnerables, escravizadas e sometidas. Espérase este compromiso rotundo dun Goberno que se autocalifica feminista e comprometido coa muller como o de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario