8 de xuño de 2022

TOMIÑO

ARRINCA A XIRA POLA DEFENSA DO USO E DA XESTIÓN DOS RECURSOS NATURAIS CON ENFOQUE FEMINISTA  

Este xoves día 9 de xuño de 2022, ás 12h, na Casa do Concello de Tomiño


Infogauda / Tomiño

 Este xoves día 9 de xuño de 2022, ás 12h, na Casa do Concello de Tomiño, a corporación municipal e persoal do Concello de Tomiño reunirase con Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local, abrindo así a xira que levará a esta defensora de dereitos centroamericana por varias vilas galegas para denunciar as consecuencias que ten para un país como El Salvador a mala xestión dos recursos naturais e para explicar en qué consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga, así como as sinerxias que se xeraron para tecer este movemento a nivel municipal e social.  

 A activista salvadoreña presentará os resultados da Escuela de lideresas por la defensa ambiental que a Colectiva Feminista desenvolveu ao longo do último ano no Departamento de Cuscatlán, co acompañamento da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e co financiamento do Fondo Galego de Cooperación.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario