8 de xuño de 2022

VIGO

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo presentou os concursos de carteis e relatos curtos polo 50 aniversario de VIGO 1972  

Carlos Núñez e Alonso Montero presidirán os concursos de carteis e relatos curtos, con motivo do 50 aniversario da folga de 1972 de Vigo. Dúas personas históricas no campo sociopolítico e cultural que aportan un valor engadido a unha inciativa que pretende recoller a iconografía e a epopeia deste feito histórico. 

Os gañadores de ámbos os dous concursos terán un premio en metálico e serán incluidos nun libro de relato e carteis que publicará CCOO Vigo e presentará en setembro de 2022.  


Xesús Alonso Montero e Carlos Núñez Rodríguez, con membros da executiva comarcal de CCOO de Vigo, na presentación dos certames

Foto: CCOO
 

 David Casal / Vigo

 A Unión Comarcal de CCOO Vigo presentou as bases dos concursos de carteis e relatos curtos que xiren arredor da folga de setembro de 1972 que tivo lugar en VIgo.  

 Presidirá o concurso de carteis, Carlos Núñez Rodríguez, dirixente político na folga do 72, publicista e deseñador, traballando en varias editoriais, fundador do estudio Variografik, colaborando con prestixiosos artistas, onde desarrollou a sua carreira profesional para empresas e institucións públicas nacionais. Ten escritos varios libros: "Vigo a lo largo de la historia", "Diccionario de la Escritura, las Artes e Industrias Gráficas", "Vigo Metropolitano en la Galicia Cética" e "Gota Galaica". Pertence a Fundación Gutenberg, de Alemania e a Asociación Appilis, de París.  

 Xesús Alonso Montero será o presidente do concurso de relatos curtos. Escritor, poeta, ensaista, traductor, sociolingüista e catedrático honorífico da Universidade de Santiago. Doutor Honoris Causa da UNED. Membro da Real Academia Galega, que presidiu de 2013 a 2017. Un dos intelectuais mais premiados e recoñecidos da nosa cultura: Premio Galicia de Xornalismo, Premio Nacional de Periodismo Julio Camba, Premio Otero Pedrayo e Pemio Trasalba.  

 Os participantes poderán entregar as súas propostas ata o 20 de xullo. Os premiados optarán a un primer premio de 200 euros e un segundo de 100€ en ámbolos dous concurso. Adicionalmente formarán parte dun libro de relatos e carteis, no que colaborarán escritores e artistas da cultura galega.  Este libro terá como obxetivo ficcionar, novelar e recrear estes importantes acontecentes que mudaron a nosa sociedade.  

 As bases están dipoñibles na web de CCOO.GAL é xa e posible dirixir propostas a través do seguinte enderezo electrónico:

concursoccoovigo@galicia.ccoo.es 

Documentación asociada 

Bases concurso de relatos curtos VIGO 1972  

Bases concurso de carteis VIGO 1972

Ningún comentario:

Publicar un comentario