13 de xuño de 2022

TOMIÑO

ADETO e o comercio local anímante a “poñerte guap@” 

Nova campaña de promoción do comercio local con tres premios para gastar en moda e estética. 




Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño

 Coa chegada dos meses de verán toca renovar o armario, prepararse para eventos e ocasións especiais ou cambiar de look para adaptarse á chegada do calor. Para todos os estilos e para todos os gustos, con produtos e servizos de calidade e con todo o valor engadido de mercar no comercio local. Non o dubides, elixe Tomiño e Ponte guap@. 

 Así presenta a súa nova campaña a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, ADETO. Desde o mércores 15 ao sábado 25 de xuño, os clientes que merquen no comercio asociado participarán no sorteo de tres vales de cincuenta euros para gastar en moda e estilismo escollendo entre Confecciones Isabel, Roupa Paredes, Rodríguez Moda, Ro&Ro, Lito Sport, Morell*85, Streetwise Babi e Calzados González para roupa, calzado e complementos e entre Purificación Peluquería, Peluquería L&R, Arte Salón Orgánico, Riveiro Peluqueros, A Coquetiña, Peluquería Isabel Rodríguez, Espazo VIP e Donna Bella para servicios de perruquería e estética. 

 Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, ADETO busca poñer en valor e visibilizar a ampla oferta de moda e imaxe persoal do municipio e animar a xente a descubrir todo o que o comercio local lles ofrece.

Ningún comentario:

Publicar un comentario