Medio centenar de entidades galegas forman parte desta iniciativa
Maica Larriba supervisa o operativo de seguridade e acompañamiento da primeira etapa de peregrinaxe de Special Olympics Galicia
Medio millar de persoas con discapacidade intelectual percorren esta semana as diferentes rutas do Camiño de Santiago
54 participantes partiron hoxe desde O Porriño cara a Redondela para completar a primeira etapa da peregrinación compostelá
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe, xunto ao alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, no operativo de seguridade e acompañamento organizado co gaio do inicio das peregrinacións Special Olympics Galicia
Foto: S. de G.
Infogauda / O Porriño
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe, xunto ao alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, no operativo de seguridade e acompañamento organizado co gaio do inicio das peregrinacións Special Olympics Galicia. Estas peregrinacións reunirán durante esta semana e en todos os camiños composteláns a medio millar de persoas con discapacidade intelectual procedentes de diferentes entidades, autonómicas e nacionais.
A primeira etapa da ruta portuguesa partiu hoxe desde o Concello de Porriño e rematará en Redondela. Nela participan 54 persoas con discapacidade intelectual e os seus acompañantes –monitores, adestradores e voluntarios-. Maica Larriba, que supervisou hoxe a operación de saída, quixo destacar a importancia desta iniciativa “que achega as rutas xacobeas ás persoas con discapacidade e contribúe a avanzar cara unha sociedade máis xusta, inclusiva e accesible”.
A subdelegada trasladou aos organizadores o respaldo do Goberno e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que colaboran no operativo de seguridade, “a iniciativa, que é un exemplo único de inclusión e evidencia as posibilidades do deporte como elemento normalizador e visibilizador das persoas con discapacidade”.
O obxectivo de proxecto é facilitar a inclusión de todas as persoas con discapacidade intelectual que desexen participar de xeito organizado nas actividades do programa do Ano Santo compostelán. O domingo 3 de xullo celebrarase en Santiago de Compostela un acto central ao que acudirán todos os peregrinos/as participantes, familias, profesionais e voluntarios/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario