ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, OURO AUTONÓMICO E RÉCORD GALEGO SUB16
Na proba de 1km en roteiro
Informa: Sociedade Atlética do Trega
O atleta Álex Sierpes Pereira, de 13 anos de idade, vén de lograr en Lourenzá (Lugo) a medalla de ouro autonómico e récord galego, na proba de 1km en roteiro, na categoría Sub16.
Malía dureza do circuíto, o atleta de A Guarda fixo un rexistro fantántico, parando o crono en 2´45".
O deportista da Sociedade Atlética do Trega, destronou os 2´ 51" que posuía El Medhi El Nabaqui, atleta estradense, natural de Lahouaza (Marrocos).
Moitas felicidades e a seguir mellorando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario