13 de xuño de 2022

DEPORTES

O Sporting Guardés rematou a tempada de fútbol-8 cunha xornada lúdica  

O pasado sábado nais, pais e nenas/os puideron festexar o remate da tempada cunha xornada festiva na que non faltou a música e o tradicional partido de pais contra fillos.  




O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez puxeron en valor o traballo que se realiza dende o Sporting Guardés para inculcar aos máis pequenos os valores propios do deporte

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado día 11 de xuño o Estadio Municipal da Sangriña acolleu a clausura da tempada para as categorías de fútbol base ou fútbol-8 do Sporting Guardés.  

 Foi unha xornada de convivencia para as categorías mini, pre-benxamín, benxamíns e alevíns, que contou coa participación de preto dun cento de nenos e coa que se despide a tempada en familia.  

 Un dos momentos máis agardados foron os partidos de pais contra fillos, onde a ilusión e a deportividade sempre se poñen de manifesto.  Non faltou nesta xornada a música, os sorteos e a entrega de agasallos e diplomas para todos os nenos, participando o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, que aproveitaron a oportunidade para pór en valor o traballo que se realiza dende o Sporting Guardés para inculcar aos máis pequenos os valores propios do deporte, así como para animar a todos os nenos e as nais e pais para que continúen realizando deporte como hábito de vida saudable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario