O Concello de A Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva
Para actividades sociais, culturais e deportivas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que dende este martes día 14 de xuño xa se poden presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva dedicadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.
As bases destas subvencións xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) deste luns, día 13 de xuño.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
Documentación:
Anuncio
Subvencións actividades sociais
Anuncio
Subvencións actividades culturais
Ningún comentario:
Publicar un comentario